Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Queixas e suxestións

Os formularios de suxestións e queixas teñen por obxecto recoller as iniciativas presentadas para a mellora da calidade e, tamén, as manifestacións de insatisfacción dos cidadáns cos servizos prestados pola Administración da Seguridade Social.

Normativa

A normativa básica na que se regulan os formularios de queixas e suxestións recóllese no Regulamento (UE) 2016/679 e na Lei Orgánica 3/2018 do 5  de decembro de Protección de Datos Persoais e Garantía dos dereitos dixitais).

Localización

Nesta páxina facilítase aos cidadáns o formulario electrónico para a remisión das suxestións e queixas. Para o seu uso, é necesario dispoñer dun DNI Electrónico ou outro certificado dixital (persoa física/persoa xurídica ou entidade) recoñecido, incluído na lista de certificados admitidos, así como cumprir co resto de requisitos técnicos e ter configurado o navegador para o uso de funcionalidades de sinatura electrónica.

Ademais, no caso de que este certificado non se obtivese nunha oficina da Seguridade Social os datos identificativos do certificado dixital (persoa física/ persoa xurídica ou entidade) deben coincidir cos que figuran na base de datos da Seguridade Social.

Ademais, existen formularios de suxestións e queixas a disposición dos cidadáns en todas as Oficinas e Centros de Atención da Seguridade Social abertos ao público, así como nos rexistros xerais e auxiliares de recepción ou saída de documentos dos Servizos Centrais, Direccións Provinciais e outras unidades periféricas dos Organismos e Entidades da Seguridade Social. A súa existencia estará sinalizada de forma visible e a súa situación será accesible para facer posible a súa localización e uso polos cidadáns. Igualmente, pódese descargar ao final desta páxina o citado formulario que hai que presentar nas instalacións indicadas.

Formas de presentación

As suxestións e queixas poden ser presentadas mediante as seguintes vías:

  • Vía telemática, a través do formulario electrónico dispoñible, utilizando DNI Electrónico ou outro certificado dixital (persoa física/persoa xurídica ou entidade) admitido.
  • Vía presencial, cubrindo o formulario correspondente, o cal se pode encontrar ao final desta páxina.
  • Vía postal, onde se fará constar o nome, apelidos e domicilio, co fin de remitirlle a copia correspondente así como a contestación.

Contestación

Recibido o formulario, a Unidade Responsable correspondente deberá informar o cidadán no prazo de 20 días hábiles. O transcurso do devandito prazo poderase suspender no caso de que deba requirirse ao interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, formule as aclaracións necesarias para a correcta tramitación da suxestión ou queixa.

Se transcorrido o prazo non se tivese obtido ningunha resposta, o interesado poderá dirixirse á Inspección Xeral de Servizos do Organismo onde presentou a suxestión ou queixa, co fin de coñecer os motivos que orixinaron a falta de contestación e para que a devandita Inspección propoña, se é o caso, aos órganos competentes a adopción das medidas oportunas.

Observacións

As queixas formuladas non terán en ningún caso a cualificación de recurso administrativo e a súa interposición non paralizará os prazos establecidos na normativa vixente.

A presentación dunha queixa non condiciona, de ningunha maneira, o exercicio das restantes accións ou dereitos que, de conformidade coa normativa reguladora de cada procedemento, poidan executar os que figuren nel como interesados.

No formulario para a súa entrega presencial incluído ao final desta páxina poderanse obter tantas copias en branco como se considere oportuno para cubrilo de forma manual ou escribir os datos requiridos e seguidamente obter o número de copias desexado (recoméndase a obtención de 4 copias para que unha delas sexa selada na oficina de presentación).

En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Formulario de queixas e suxestións Descargar documento Formulario de queixas e suxestións. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Formulario de queixas e suxestións. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,77 KB) 15/09/2020
Complementary Content
${loading}